viernes, 10 de junio de 2022

XORNADA DE GOLF NO CAMPO DE MEIS

 Os nenos e nenas de 5º de E.P experimentaron o achegamento a un deporte menos coñecido e moi atractivo para o alumnado, O GOLF.

Esta actividade enmarcada no programa XOGADE comezou cun traballo previo no centro, no que coñecemos os aspectos fundamentais deste deporte: os golpeos básicos, os materiais que empregan para xogar, o lugar onde se practica este deporte e afinamos a nosa puntería cunha proposta didáctica.

Unha vez tiñamos as nocións básicas, desprazámonos ó campo de golf de Meis para coñecer da man de dous profesionais do Golf e mestres da escola do clube, como se xoga a este deporte, aspectos a ter en conta e mesmo xogaron un burato para nós semellante ao xogo real.

Logo chegou o momento de practicar, e comprobamos que temos grandes golfistas no colexio, pero sobre todo, pasámolo moi moi ben. 


Premendo na imaxe podedes comprobalo:







viernes, 6 de mayo de 2022

O Poio Pescamar F.S. visita Chancelas

 Co obxectivo de promocionar o deporte feminino e os clubes locais, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de desfrutar dunhas xornadas moi enriquecedoras coas xogadoras, xogadores e adestradores do POIO PESCAMAR F.S. a través da actividade "Coñece o meu club" do programa XOGADE no que participamos este curso.

Nesas xornadas, contáronnos un montón de cousas sobre o seu clube, fixémoslle preguntas ás xogadoras e ata nos firmaron autógrafos!

Logo noutra xornada viñeron moitas máis xogadoras e xogadores do clube e saímos a facer o que máis nos gusta, XOGAR! 

VAIA PARTIDOS MÁIS EMOCIONANTES QUE XOGAMOS!!


PREMENDO NA IMAXE PRESENTAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS NESAS XORNADAS.




Ademais agasalláronnos con entradas para varios partidos nos que xogaba o equipo feminino na Seca, todo un acontecemento que recibimos con gran ilusión!









viernes, 7 de enero de 2022

ACROSPORT 2021

 As alumnas e os alumnos de 5º e 6º deleitáronnos este nadal cunha actuación de acrosport na que mostraron un gran talento, aquí vos deixamos a mostra deste gran traballo.













Ademáis desta bonita coreografía temos moitos máis recordos do duro traballo que realizamos nas clases de E.F para obter este gran resultado.

A desfrutar!







viernes, 26 de noviembre de 2021

SUPERANDO RETOS: CAMPO A TRAVÉS!

 O venres 26 de Novembro demostramos na primeira xornada de Xogade que o Cole de Chancelas está en plena forma.

Asistimos a unha carreira de campo a través celebrada na Seca, nun circuíto ben longo, pero aínda así con esforzo chegamos á meta.

Foi un estupendo día de sol aínda que un pouco fresco.

Aquí tendes unha pequena mostra desta xornada, pasámolo xenial!!

 Premede na imaxe para ver as fotos da xornada:




lunes, 21 de junio de 2021

Arts 20-21

 Esta é unha pequena mostra das actividades artísticas realizadas ó longo deste curso polo alumnado de 1º, 2º e 3º



lunes, 21 de diciembre de 2020